Notas de Viaxe

Un espazo rin-ran para experiencias vividas durante as grandes e pequenas viaxes da vida

sexta-feira, janeiro 5

A viaxe iniciática


Varal. Barra Grande dezembro de 1985. Foto: Adenor Gondim



Nunha época marcada pola movilidade global e o turismo de masas, voltar á experiencia iniciática da viaxe convírtese nun exercicio de humildade ante un mesmo. Non queremos deixar aquí constancia dos lugares que visitamos, do que comemos ou do que mercamos, senón do momento, da palabra, do feito que marcou esa viaxe cun selo propio e inesquecible que fará que o seu gusto permaneza nos nosos beizos cando as imaxes sexan borradas do entendemento polo pó do esquecemento.